Iniciar sesión

Galicia Aberta en Twitter Galicia Aberta en FacebookGalicia Aberta por RSS

Suscríbete por email:

Privacidade

Consellería de Emigración

Organismo: Secretaría Xeral

Sumario:

Orde do 25 de abril de 2005 pola que se crean varios ficheiros automatizados de datos de carácter persoal existentes na Consellería de Emigración.

O artigo 20 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal (BOE nº 298, do 14 de decembro), especifica que a creación, modificación ou supresión dos ficheiros das administracións públicas só se poderán facer por medio da disposición xeral correspondente.

Na súa virtude, a Consellería de Emigración

Dispón:

Primeiro.-Mediante esta orde a Consellería de Emigración crea os ficheiros especificados no anexo, que conteñen a información esixida no artigo 20.2º da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal para as disposicións de creación dos ficheiros.

Segundo.-O titular do órgano responsable destes ficheiros adoptará as medidas de xestión e organización que sexan necesarias, asegurando a confidencialidade, os dereitos e as obrigas recoñecidos na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro.

Terceiro.-Os datos de carácter persoal, rexistrados nos ficheiros da Consellería de Emigración ó que se refire o anexo, só serán utilizados para os fins expresamente previstos e por persoal debidamente autorizado.

Cuarto.-Os datos só poderán ser cedidos nos supostos expresamente previstos pola lei.

Anexo

Os ficheiros de nova creación da Consellería de Emigración, son os seguintes:

  1. Raíces-GaliciaAberta
    1. Finalidade do ficheiro: permitir poñer en contacto, a través do Portal Web da Conselleria de Emigración, a usuarios rexistrados que estean interesados en buscar a algunha persoa.
    2. Persoas ou colectivos afectados: usuarios do portal web da Consellería de Emigración.
    3. Medidas de seguridade con indicación do nivel esixible: básico.
    4. Estructura básica: base de datos.
    5. Tipos de datos:
      -Datos de carácter identificativo: nome e apelidos, enderezo (postal , electrónico) país.
    6. Órgano responsable do ficheiro:
      -Responsabilidade compartida entre a Dirección Xeral de Emigración e a Dirección Xeral de Inmigración, adscritas á Consellería de Emigración.
    7. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición de datos que constan no ficheiro poderanse exercer, se é o caso, ante a unidade ou dependencia responsable do ficheiro, sita na rúa Os Basquiños, número 2, 15704 Santiago de Compostela.
    8. Procedemento de recollida de datos: transmisión electrónica e internet.
      -Soporte utilizado para a obtención: vía telemática.
    9. Cesións previstas: ningunha.
  2. Tramitación de axudas-GaliciaAberta
    1. Finalidade do ficheiro: permitir ós destinatarios das axuda a xestión on line das súas solicitudes.
    2. Persoas ou colectivos afectados: usuarios do portal web da Consellería de Emigración.
    3. Medidas de seguridade con indicación do nivel esixible: básico.
    4. Estructura básica: base de datos.
    5. Tipos de datos:
      -Datos de carácter identificativo: DNI, nome e apelidos, e dirección (postal, electrónica).
    6. Órgano responsable do ficheiro:
      -Consellería de Emigración.
      -Dirección Xeral de Emigración.
    7. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición de datos que constan no ficheiro poderanse exercer, se é o caso, ante a unidade ou dependencia responsable do ficheiro, sita na rúa Os Basquiños, número 2,
      15704 Santiago de Compostela.
    8. Procedemento de recollida de datos: transmisión electrónica.
    9. Cesións previstas: ningunha.
  3. Foros-GaliciaAberta
    1. Finalidade do ficheiro: permitir o intercambio de ideas, opinións, actividades e información relacionada coa temática do portal.
    2. Persoas ou colectivos afectados: usuarios do portal web da Consellería de Emigración.
    3. Medidas de seguridade con indicación do nivel esixible: básico.
    4. Estructura básica: base de datos.
    5. Tipos de datos:
      -Datos de carácter identificativo: nome e apelidos, enderezo (postal, electrónico).
    6. Órgano responsable do ficheiro:
      -Consellería de Emigración.
    7. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición de datos que constan no ficheiro poderanse exercer, se é o caso, ante a unidade ou dependencia responsable do ficheiro, sita na rúa Os Basquiños, número 2,
      15704 Santiago de Compostela.
    8. Procedemento de recollida de datos: transmisión electrónica.
    9. Cesións previstas: ningunha.
  4. Tablón de anuncios-GaliciaAberta
    1. Finalidade do ficheiro: permitir a publicación de anuncios con información relacionada coa temática do portal.
    2. Persoas ou colectivos afectados: usuarios do portal web da Consellería de Emigración.
    3. Medidas de seguridade con indicación do nivel esixible: básico.
    4. Estructura básica: base de datos.
    5. Tipos de datos:
      -Datos de carácter identificativo: nome e apelidos, enderezo (postal, electrónico).
    6. Órgano responsable do ficheiro:
      -Consellería de Emigración.
    7. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición de datos que constan no ficheiro poderanse exercer, se é o caso, ante a unidade ou dependencia responsable do ficheiro, sita na rúa Os Basquiños, número 2,
      15704 Santiago de Compostela.
    8. Procedemento de recollida de datos: transmisión electrónica.
    9. Cesións previstas: ningunha.
  5. Postales-GaliciaAberta
    1. Finalidade do ficheiro: permitir o envío de postais telemáticas.
    2. Persoas ou colectivos afectados: usuarios do portal web da Consellería de Emigración.
    3. Medidas de seguridade con indicación do nivel esixible: básico.
    4. Estructura básica: base de datos.
    5. Tipos de datos:
      -Datos de carácter identificativo: nome e apelidos, enderezo (postal, electrónico), e outros (alias).
    6. Órgano responsable do ficheiro:
      -Consellería de Emigración.
    7. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición de datos que constan no ficheiro poderanse exercer, se é o caso, ante a unidade ou dependencia responsable do ficheiro, sita na rúa Os Basquiños, número 2,
      15704 Santiago de Compostela.
    8. Procedemento de recollida de datos: transmisión electrónica.
    9. Cesións previstas: ningunha.
  6. Suscripción a eventos-GaliciaAberta
    1. Finalidade do ficheiro: permitir o envío telemático de información relacionada (novedades e eventos) a usuarios registrados.
    2. Persoas ou colectivos afectados: usuarios do portal web da Consellería de Emigración.
    3. Medidas de seguridade con indicación do nivel esixible: básico.
    4. Estructura básica: base de datos.
    5. Tipos de datos:
      -Datos de carácter identificativo: nome e apelidos, enderezo (postal, electrónico).
    6. Órgano responsable do ficheiro:
      -Consellería de Emigración.
    7. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición de datos que constan no ficheiro poderanse exercer, se é o caso, ante a unidade ou dependencia responsable do ficheiro, sita na rúa Os Basquiños, número 2,
      15704 Santiago de Compostela.
    8. Procedemento de recollida de datos: transmisión electrónica.
    9. Cesións previstas: ningunha.
Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2005.

Aurelio Miras Portugal

Conselleiro de Emigración

Insírase no D.O.G.

O Secretario Xeral

Antonio Díaz Otero.