Iniciar sesión

Inmigración e retorno

Galicia Aberta en Twitter Galicia Aberta en FacebookGalicia Aberta por RSS

Suscríbete por email:

Liñas de Axuda

Se ten dúbidas, contacte connósco

Seminario de Planificación de Novos Proxectos Empresariais.

A Fundación Galicia Emigración, en colaboración con BIC Galicia (Centro Europeo de Empresas e Innovación de Galicia), abre o prazo de inscrición do  Seminario sobre Creación de novos proxectos empresariais, que terá lugar en Ourense,destinado a inmigrantes residentes en Galicia e emigrantes retornados con inquedanzas emprendedoras. Aquí pode descargar o formulario de inscrición.

Programa Formativo de Alfabetización Informática da Fundación Galicia Emigración

A Fundación Galicia Emigración desenvolve en 15 localidades galegas, un Programa Formativo de ALFABETIZACION INFORMÁTICA, onde participarán un total de 225 emigrantes retornados e inmigrantes residentes en Galicia, co obxectivo de proporcionar unha capacitación prelaboral que favoreza a  súa inserción laboral e promoción profesional. Descargue aquí o formulario de inscrición.

Programa Formativo de Informática Básica da Fundación Galicia Emigración

A Fundación Galicia Emigración desenvolve en Santiago de Compostela, un Programa Formativo de INFORMÁTICA BASICA, co obxectivo de proporcionar unha capacitación prelaboral que favoreza a inserción laboral e a promoción profesional dos emigrantes retornados e inmigrantes residentes en Galicia, preferentemente con discapacidade. Aquí pode descargar o formulario de inscrición.

Programa Formativo de Redes Socias na Web e Técnicas de Hardware da Fundacion Galicia Emigracion

A Fundación Galicia Emigración desenvolve en Zürich (Suiza), un Programa Formativo de REDES SOCIAS NA WEB E TÉCNICAS DE HARDWARE, co obxectivo de proporcionar unha capacitación que potencie a vinculación dos emigrantes galegos con Galicia e favoreza tamén a súa inserción laboral e promoción profesional. Descargue aquí o formulario de inscrición.

Congreso Europeo da Xuventude Galega no Exterior.

A matrícula, desprazamento, aloxamento e manutención dos participantes é gratuíta. Descarga aquí o Formulario de inscrición no Congreso Europeo da Xuventude Galega no Exterior, a celebrar polo Centro Galego Nüremberg do 24 ao 26 de setembro de 2010.

"Jornadas de la Juventud Gallega en México".

Formularios de inscrición para a participación nas Jornadas de la Juventud Gallega, a celebrar no Centro Gallego de México, México D.F., o 10, 11 e 12 de setembro de 2010.

Congreso Europeo da Xuventude Galega no Exterior

Publicación do formulario de inscrición para a participación no Congreso Europeo da Xuventude Galega no Exterior, a celebrar polo Centro Galego Nüremberg do 24 ao 26 de setembro de 2010.

"Jornadas de la Juventud Gallega en México"

Publicación dos formularios de inscrición para a participación nas Jornadas de la Juventud Gallega, a celebrar polo Centro Gallego de México, México D.F., o 10, 11 e 12 de setembro de 2010.

Programa Formativo de “Servizos á Familia e Traballo no Fogar”, da Fundación Galicia Emigración.

A Fundación Galicia Emigración, co obxectivo de promover a inserción laboral e a promoción profesional dos emigrantes retornados e inmigrantes residentes en Galicia, pon en marcha en Lugo, un PROGRAMA FORMATIVO DE “SERVIZOS Á FAMILIA E TRABALLO NO FOGAR”, que capacita para coidar, manter e controlar todo o relacionado co fogar e os integrantes da unidade familiar.

Axudas a entidades sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de programas destinados a favorecer os procesos de acollida e integración da poboación inmigrante e retornada en Galicia.

A Secretaría Xeral da Emigración convoca axudas dirixidas ás entidades sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de programas que conteñan actividades e accións destinadas a favorecer os procesos de acollida e integración da poboación inmigrante e retornada na Comunidade Autónoma Galega.