Iniciar sesión

Galicia Aberta en Twitter Galicia Aberta en FacebookGalicia Aberta por RSS

Suscríbete por email:

Axudas para a participación en actividades de campamentos e campos de traballo 2010

Esta resolución ten por obxecto convocar as axudas correspondentes ao programa de actividades de campamentos e campos de traballo para o ano 2010 que ten por finalidade facilitar á mocidade da Galicia exterior o contacto coa realidade galega e o encontro cos seus familiares.

Axudas económicas individuais a galegos residentes no exterior 2010

O programa "Axudas económicas individuais a galegos residentes no exterior" para o ano 2010, ten como obxecto a concesión de axudas económicas individuais e de carácter social.

A exposición fotográfica "Miradas en el camino de Santiago de Compostela. Xacobeo 2010" chega a Córdoba e poderá verse no Paseo del Buen Pastor

Seis fotógrafos galegos contemporáneos narran o espíritu, os personaxes e as paisaxes do Primer Itinerario Cultural Europeo.

Emigración insta ás entidades locais e asociacións a traballar conxuntamente a prol da mediación intercultural e da formación do colectivo inmigrante

A Secretaría Xeral da Emigración convocou nunha xornada de traballo a diferentes axentes socias no eido das migracións, a fin de abordar e debater as principais liñas de actuación que prevé o departamento de Inmigración da Xunta en 2010.

Distribución das prazas de campos de traballo

As prazas de campos de traballo irán a sorteo público e non se poderá elixir a quenda de participación.

Circular informativa sobre a incorporación ao programa "Actividades de campamentos 2010". Modalidade "Rotas coñece Galicia" América

A actividade “Rotas coñece Galicia”, busca proporcionar aos mozos e mozas de fóra de Galicia un mellor coñecemento da nosa terra a través dunha actividade de campamento itinerante.

Circular informativa sobre a incorporación ao programa "actividades de campamentos 2010". Modalidade "Verde e azul" América

A actividade “Verde e Azul”, busca proporcionar aos mozos e mozas de fóra de Galicia un mellor coñecemento da nosa terra a través dunha actividade de campamento itinerante.

A Fundación Galicia Emigración convoca o concurso de debuxo infantil "O camiño da migración"

A Fundación Galicia Emigración convoca o concurso de debuxo O Camiño da migración orientado a alumnos de 5º e 6º de Primaria.

Distribuir contido